Camiño de Santiago
Camiño de Santiago
A asociación Xungalu, formada por funcionarios da Administración autonómica na provincia de Lugo, organiza unha serie de percorridos polo Camiño Francés na que tamén poderán participar outros funcionario non pertencentes a este colectivo ou adscritos a outras provincias. O primeiro tramo, entre as localidades do Cebreiro e Triacastela, será percorrido o vindeiro sábado Os interesados poden inscribirse chamando ao teléfono 600 048 313. Os socios de Xungalu deberán abonar 20 euros pola viaxe e os non socios, 25 euros. A saída en autocar será desde Lugo ás oito da mañá. O programa de actividades da xornada incluirá un oficio relixioso no santuario do Cebreiro antes de iniciar a camiñada. Unha vez terminado o percorrido a pé, os participantes volverán desde Triacastela ao Cebreiro para comer e visitar o museo etnográfico local.A segunda etapa do percorrido está prevista para o día 27 e as seguintes excursións levarán a cabo os sábados, con algún descanso, ata o 29 de maio. A asociación Xungalu agrupa na actualidade a preto de 750 traballadores da Administración autonómica e rexistra altas constantemente, segundo afirmou o seu presidente, Lucas das Heras.
¿Tés un establecemento comercial?
Une o teu negocio á maior rede de difusión comercial de Lugo.
Para comenzar o proceso, completa o formulario de solicitude de alta.
¿Queres ser socio?
¿Queres ser socio de XUNGALU?. Consegue o teu carnet de socio, participa nas actividades e aproveitate de descontos nas túas compras.